Saturday 27 de April de 2024

Camariñas ofrecerá un coloquio sobre o dano cerebral en colaboración coa Federación Galega


· Será nas Escolas Unitarias de Camelle ás 11:00 horas o vindeiro mércores 20 de outubro.

Camariñas, a través do departamento de Servizos Sociais, ofrecerá o vindeiro mércores 20 de outubro ás 11:00 horas un faladoiro sobre o dano cerebral, en colaboración coa Federación Galega. Será nas Escolas Unitarias de Camelle ás 11:00 horas.

Trataranse as diferentes causas desta doenza, entre as que destacan os ICTUS ou os accidentes de tráfico, da súa prevención e dos modelos de atención e rehabilitación.

Por límite de aforo, rógase ás persoas interesadas que se inscriban previamente antes de acudir á cita. Poden facelo no 981 73 70 04 ou no 653 25 92 82.